Versión en Galego
Versión en Español
Actividades
Actividades programadas para o ano 2009

A Asociación Cultural "Saíñas" ven de poñer data para as principais actividades socioculturais que ten programadas para o ano 2009.
Como ven sendo habitual durante os últimos anos, Saíñas continúa coas clases de baile, canto e percusión e gaita para todos os seus socios.

Todos os ensaios teñen lugar no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Os ensaios de gaita son os xoves de 19:15 h. a 22:00 h. Os ensaios de baile son os venres de 18:30 h. a 21:30 h. As clases de pandeireta e canto son os venres de 18:30 h. a 21:30 h.
Festa do Lacón 2007 no pabellón do Centro Cívico. Xove
  • A primeira data sinalada no calendario festeiro/cultural da nosa asociación será o 28 de marzo ás 21:00 h. no pavillón de deportes de Xove. Para ese día estamos a preparar a V Festa do Lacón na que pretendemos xuntar á xente en torno a un prato característico da gastronomía galega.


  • O día 4 de Abril ás 18:00 h. celebraremos o II Festival infantil de baile tradicional no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. A idea é facer un pequeno festivial no que participen diferentes grupos folclóricos infantís galegos. Ver galería
  • O sábado, 18 de Xullo celebraremos en Xove a V Foliada da Mariña.Esta festa nace coa idea de promocionar o baile e a música tradicional galega de distinta maneira a como se fai nos festivais, pretendemos que todo o mundo participe da festa tocando, bailando e cantando para disfrtutar todos xuntos do noso folclore. Despois das novidades da edición do ano 2008, queremos seguir na mesma liña e melloral co paso dos anos con novas actividades e grandes concertos intentando que a Foliada se confirme como unha das citas do verán galego. Ver galería
Ver imaxe en grande
Improvisada actuación na praza maior de Kemper
  • A finais de Agosto terá lugar o XXVI Festival de San Bartolo no el pavillón de deportes de Xove onde se amosará o traballo de todo o ano dos grupos que forman parte da asociación.


  • En outono queremos organizar, conxuntamente co Concello de Xove, un magosto tradicional onde non faltarán chourizos, castañas e viño para os asistentes, todo amenizado pola música dos gaiteiros de Saíñas
Se tes algunha dúbida sobre as actividades da asociación, podeste poñer en contacto con nós dende o formulario de contacto que atoparás no menú principal.