O Grupo Saiñas de Xove representa a Galicia no Festival Interceltique de Lorient 2018. Gran Experiencia a vivida durante 10 días en Lorient. O noso grupo estivo moi orgulloso de representar a Galicia no que posiblemente sexa o festival folclórico máis importante do mundo. Esperamos que estiveramos á altura de tal honor. Gracias a todos os que fixestes posible a realización desta viaxe que sen dúbida será inolvidable para todos os que o realizaron. Foron días de moito traballo e esforzo, pero tamén de moita satisfacción e de moita honra por poder amosar o que o noso grupo fai polo folclore galego alén das nosas fronteiras.

A todos MOITÍSIMAS GRACIAS e NORABOA

Presentación Viaxe a Lorient