Dentro do Festival de Saiñas que se ven a celebrar durante a festividade de San Bartolo, patrón do Concello de Xove, as diferentes seccións de Saiñas, exhiben o seu saber facer sobre o escenario e diante do seu público, integrado principalmente por veciños de Xove e tamén por público que se acerca cada ano de concellos limítrofes. E un día para amosar o resultado do traballo feito ó longo do ano por todos e cada un dos integrantes da asociación, dende os máis pequeniños ata os máis adultos e veteranos, así como as diferentes seccións de pandeireta, gaiteiros e percusión, coros, etc…..
Cada ano prepárase un espectáculo deseñado específicamente para este evento. De ahí sairon formatos tan recoñecidos como A Taberna, espectáculo de música e baile galego ambientada nunha taberna típica galega de principios do século XX, e que colleu como referencia o Bar Pepe, un establecemento arraigado no pobo de Xove con moitos anos de antigüidade e que ainda hoxe en día está aberto ó público….