Dende o ano 2005 a Asociación Cultural Saiñas ven a celebrar unha Festa do Lacón co fin de acadar uns ingresos que son necesarios para realizar todas as actividades que realiza.
Esta festa consiste na celebración dunha cea Cocido Tradicional na que os asistentes poden degustar por un módico precio os marxares galegos tradicionais da época: patacas, nabizas, chourizo, lacón….e ó mesmo tempo participar nunha festa chea de folclore, danza e música galega que se alarga ata altas horas da madrugada. Cada ano ten máis aceptación esta xornada que o pobo de Xove e tamén das zonas limítrofres ven a disfrutar con nós.