Dentro do Festival de Saiñas, que sempre se celebra durante a festividade local de San Bartolo, a Asociación Cultural Saiñas crea un espectáculo único cada edición, intentando mellorar ano a ano o realizado con anterioridade.

No ano 2013 foise un paso máis adiante creando un espectáculo ambientado nunha Típica Taberna Galega de principios do século XX.

Por aquel entón as tabernas eran establecementos públicos de carácter popular onde se servían bebidas, comidas e no que se podía atopar calquera artículo necesario para a casa e para o campo, estes locais existen na historia dende o 1700, e as mulleres acudían as tabernas principalmente para facer algunha compra e os homes para tomar uns viños despois das duras e longas xornadas no campo e no mar. Cando o viño, as cartas e as partidas de dominó levantaban os ánimos dos alí presentes, empezábase a cantar e bailar dentro delas. Moitas festas recóntanse ata altas horas de madrugada….

Non hai mar sin porto, nin porto sin taberna….

Este espectáculo pode ser contratado en calquera momento do ano e ten unha duración do arredor de 90 minutos. Todo o equipo, vestimente, ambientación, atrezzo, etc… é aportado e transladado pola Asociación Cultural Saiñas ó punto que así se desexe, a única condición será o de ter un axeitado entorno ou lugar para a súa ubicación, a saber, anfiteatro, pavillón, salón de actos, ou algo similar cunha capacidade de escenario suficiente para albergalo, que como mínimo debe ter unhas dimensións de 20×12 (240 m2). O presuposto para contratar dita actuación será remitido sin obriga ningunha a calquer interesado…

ATaberna (1) ATaberna (2) ATaberna (4) ATaberna (5)