O pasado venres 30 de Novembro realizouse a actuación do Programa Bravo cos Voluntarios de Alcoa para rehabilitar a zona de esparcemento que o Concello ten indo hacia o Faro de Punta Roncadoira.
Contamos cunha nutrida participación tanto de Voluntarios de Alcoa coma de socios e simpatizantes da Asociación. Dende aquí queremos agradecerlles a todos o seu interese e a súa incomiable participación.
Como mostra ahí quedan unhas fotos de como quedou a zona. Reparamos as mesas e as barandillas, o campo quedou adecentado e plantáronse 6 árbores que nun futuro esperemos dean sombra da todos aqueles que a queiran disfrutar.
Agradecer ó Concello de Xove que nos donou as árbores para facer desa zona un recuncho para o descanso e disfrute de todos….
GRACIAS A TODOS……