Versión en Galego
Versión en Español
Comenzo
Historia da agrupación
Ver imaxe en grande
Fotografía da agrupación na Europeade do 2005 en Cerdeña (Italia).

A Asociación Cultural Saíñas nace no inverno do ano 1982 coa idea de fomentar o deporte e a cultura tradicional galega no concello de Xove (Lugo). No ano 1983 formase o primeiro grupo de música e baile, co que a asociación dá os seus primeiros pasos no eido do folclore tradicional galego.

No ano 1985 fúndase o Colectivo Cultural Saíñas, para ademais de actividades folcloricas, tamén organizar outro tipo de actividades como cursos de ingles, pintura, etc. ou fomentar actividades deportivas como o Xadrez, o remo ou o futbol sala.

Na actualidade, a asociación está composta por uns setenta rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 5 e os 40 anos, que acuden a clases de baile, canto, percusión e gaita, así como participan no resto de actividades que a asociación organiza anualmente.
Ver imaxe en grande
Grupo de adultos no festival de San Bartolo

A día de hoxe, Saíñas está composta por catro grupos de baile tradicional (Saíñas, Faíscas, Ñáñaras e grupo de adultos), un grupo de cantareiras, o grupo de gaiteiros Saíñas e o cuarteto de música tradicional "Saíñas".

Ademais dos grupos mencionados, impartense clases de baile, canto, percusión e gaita para todas as idades e persoas interesadas na conservación da cultura do noso país.

Ó longo dos últimos anos, a nosa asociación ven de realizar importantes actuacións a nivel europeo e nacional, expallando desta forma a música e o baile tradicional galego, moi apreciado en países europeos como Francia, Escocia ou Alemania.
Algunhas das actuacións máis destacadas foron en:

Horsens (Dinamarca), Frankenberg(Alemania), Valencia, Torino (Italia), Martigny (Suíza), Rennes (Francia), Baireuth (Alemania) ou Quimper (Francia).