 |
| Fotografía da agrupación na Europeade do 2005 en Cerdeña (Italia). |
A
Asociación Cultural Saíñas nace no inverno do ano 1982 coa idea de fomentar o deporte e a cultura tradicional galega no concello de Xove (Lugo). No ano 1983 formase o primeiro grupo de música e baile, co que a asociación dá os seus primeiros pasos no eido do folclore tradicional galego.
No ano 1985 fúndase o Colectivo Cultural Saíñas, para ademais de actividades folcloricas, tamén organizar outro tipo de actividades como cursos de ingles, pintura, etc. ou fomentar actividades deportivas como o Xadrez, o remo ou o futbol sala.
Na actualidade, a asociación está composta por uns setenta rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 5 e os 40 anos, que acuden a clases de baile, canto, percusión e gaita, así como participan no resto de actividades que a asociación organiza anualmente.